Autor/a destacado/a:
A editorial inicia unha nova colección dedicada ao ensaio contemporáneo
07/06/21

A editorial Galaxia inicia unha nova colección dedicada ao ensaio sobre temas de actualidade. O libro de Lois Oreiro Os mundos de agora dá comezo á colección titulada Hoxeéhoxe. O libro do xornalista Lois Oreiro, Os mundos de agora abre a nova colección da Editorial Galaxia dedicada a ensaio sobre temas de actualidade Hoxeéhoxe. A colección publicará ao longo do ano propostas ensaísticas de carácter moi actual, na idea de poder ofrecer ao público lector galego textos para a reflexión e para a compresión do noso día a día. A colección ábrese co título Os mundos de agora no que o xornalista Lois Oreiro reflexiona sobre o concepto de “transhumanidade” e que ten que ver con ese ser humano pegado ás pantallas e, pouco a pouco, tamén el, dixitalizado. O libro explica como as fronteiras entre o dixital e o  humano vanse adelgazando día a día, co cal é posible o nacemento dunha nova realidade humana, tecnificada incluso no propio corpo (implantes cerebrais, no propio organismo…) e que vai ter repercusións claras na economía e na saúde. O mundo, tal e como o coñeciamos, dilúese. Unha nova fronteira albíscase no horizonte. Como o autor se pregunta: seremos ciborgs? O libro sae esta semana á venda e será presentando en Santiago, polo autor e o director xeral de Editorial Galaxia, Francisco Castro, o vindeiro xoves ás 19.30 na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos.

A Editorial Galaxia ten previsto publicar 116 títulos novos en 2005

É o caso do cumprimento do cincuenta aniversario da aparición de Merlín e familia, libro clave na obra de Álvaro Cunqueiro e da narrativa galega. Para conmemorar este aniversario Galaxia editará un volume ilustrado por artistas e debuxantes. Tamén o centenario do nacemento de Antón Fraguas, que foi cronista xeral de Galicia, lembrarase coa edición …

A lingüista Teresa Moure gaña a cuarta convocatoria do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2004

Recuperar e facer realidade a case utópica tentativa dunha lingua de uso internacional -alternativa ao inglés- é o babélico proxecto que baralla a lingüista Teresa Moure no seu ensaio, Outro idioma é posible, gañador por unanimidade do IV Premio Ramón Piñeiro de Ensaio que promoven Unión Fenosa e a Editorial Galaxia e que se resolveu …

Un carballo para Vicente Risco

Dende onte un carballo recorda a Vicente Risco, ao home e ao escritor, na Alameda de Ourense. Esta árbore era unha das favoritas do ourensán e esa preferencia foi unha das cousas que aprenderon sobre a súa figura os preto de douscentos rapaces que participaron na plantación do carballo nun acto organizado pola Editorial Galaxia …

Un futuro feminino sen xeraquías

Feminino e plural. Deste xeito poderíase definir o conxunto de ensaios que a poeta compostelá María do Cebreiro acaba de dar á luz no primeiro trimestre do 2005 e que publica Editorial Galaxia baixo o título evocador de As terceiras mulleres. A autora que presenta este traballo en Vigo, Santiago e Barcelona, imaxina na obra …

Os premios da crítica distinguen as apostas de Constela e Fernán Vello

Os Premios da Crítica Española dintinguiron, no seu apartado de lingua galega, dúas obras que representan apostas distintas nas traxectorias dos seus autores. Na modalidade de poesía o galardón recaeu en Territorios da desaparición, de Miguel Anxo Fernán Vello publicado en Galaxia, mentres que en narrativa o premio foi para As humanas proporcións, de Xesús …

Moralejo presenta o libro de vivencias escritas no río

Esta obra, como aclara o propio autor nunha nota introdutoria, non é un libro técnico para aprender a pescar troitas nin unha obra literaria. É, segundo o profesor Moralejo, "un libro escrito no río, vivencias, ocorrencias, experiencias e outras encias da mañá pasada no Tambre ou en Pontedeume, o día que picaron ou que non, …

Fernández del Riego recolle o Premio Blanco Torres "máis merecido"

Del Riego agradeceu o recoñecemento que este galardón supón aos artigos que asinou o ano pasado, destacou que foi precisamente nas páxinas do xornal que Blanco Torres dirixiu en Pontevedra onde publicou as súas primeiras liñas xornalísticas, hai xa 75 anos. Estes primeiros traballos, marcados por unha tinxidura "combativa e ideolóxica", apuntou, deixarían paso anos …

Editorial Galaxia inaugura a exposición: [i]Travesías. Galicia terra de navegantes[/i] con sede en Vigo, Pontevedra e Ferrol

Travesías é unha exposición multicéntrica que nos fala de tres viaxes oceánicas vinculadas estreitamente con Galicia, mergúllase no mundo do mar dun xeito didáctico e ameno, para mostrar a evolución do coñecemento náutico ao longo dos tempos. Pretende que o visitante integre na súa memoria histórica as relacións que as xentes do pasado estableceron co …

Grial incorpora o Anuario de Estudos Literarios Galegos ao seu proxecto.

O Anuario Literario, que nesta nova etapa dirixe Dolores Vilavedra, actualízase logo de once anos de publicación ininterrompida. Os obxectivos dos evidentes cambios na maqueta, á parte de adecuárense á imaxe corporativa de Grial, procuran, en palabras da súa directora "facilitar o acceso do lector á información" e lograr que a publicación sexa máis efectiva …

Tamén en letras galegas

A tradución sobre todos das obras clásicas, constitúe unha das principais materias pendentes da literatura galega, segundo puxo de manifesto o director de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes. De Romeo e Xulieta a Crime e castigo, pasando por As ondas ou os mellores poetas de Inglaterra e Francia, as referencias máis indiscutibles da historia da …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR