Autor/a destacado/a:
Convócase o II Premio de Novela Camiño de Santiago
07/04/21

A Academia Xacobea en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia e o patrocinio de ALUMINIOS CORTIZO S.U.L, convoca o II Premio de Novela Camiño de Santiago cuxa obra gañadora será publicada pola Editorial Galaxia, co fin de promover e divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno Xacobeo, de acordo coas seguintes bases: 1. A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen cunha novela escrita en castelán ou galego, conforme ás normativas establecidas, en cada caso, pola Real Academia Española e a Real Academia Galega. Os autores e autoras só poderán enviar unha obra a concurso, que deberá ser orixinal e inédita en todos os formatos e non poderá ter sido premiads noutros concursos. 2. Será outorgado un único premio dotado con TRES MIL EUROS (3.000.00 €) suxeitos ás retencións legais que resulten aplicables. O gañador ou gañadora recibirá tamén un diploma acreditativo e verá a súa obra publicada en galego e castelán pola Editorial Galaxia a través da súa colección literaria e do seu selo Mar Maior, respectivamente. A contía do premio inclúe a adquisición dos dereitos da primeira edición (publicación, distribución e explotación) en castelán e galego do texto gañador. Estes dereitos corresponden, en exclusiva, á Academia Xacobea, que publicará a obra a través da Editorial Galaxia S.A. Ademais faranse entrega de vinte exemplares ao autor ou autora gañadora. Así mesmo establécese un accésit sen dotación económica para a mellor obra literaria presentada na lingua que non obteña o primeiro premio, ao que se concederá tamén diploma acreditativo. O premio poderá declararse deserto sempre que o xurado considere que os orixinais presentados non reúnen a calidade suficiente. 3. O Camiño de Santiago será o tema referencial para a ficción narrativa, que deberá estar presente, de maneira notoria na obra na súa vertente física, histórica, cultural, social ou imaxinaria. Poderanse presentar novelas, relatos e conxuntos de relatos. Terán unha extensión mínima de 200 páxinas a dobre espazo e tipo de letra arial 12, con marxes non superiores a 3 cms. Os autores remitirán as súas obras, na forma, prazo e requisitos que se establecen a continuación. Enviarase o arquivo en PDF da obra completa ao correo info@academiaxacobea.gal sen mencionar a autoría, e dous exemplares mecanografados, en papel, tamaño folio, a dobre espazo á dirección postal:

Academia Xacobea Pazo de San Roque, 2

15781 Santiago de Compostela

Os exemplares deberán presentarse anonimamente e enviaranse nun sobre pechado, en cuxo exterior se indicará o título da obra, especificando: II PREMIO DE NOVELA “CAMIÑO DE SANTIAGO”. O sobre deberá conter, ademais outro sobre pechado dentro do cal se incluirá: o título da obra e a seguinte información persoal do autor: nome e apelidos, DNI, data e lugar de nacemento, domicilio, teléfono, correo electrónico, breve currículo e unha declaración expresa de que a obra non foi premiada ata a data de presentación en ningún outro certame literario, nin obxecto de publicación. Ademais deberá incluír no sobre xeral outro escrito no que conste a conformidade do autor ou autora coa cesión dos dereitos da primeira edición en papel e dixital, en galego e castelán, da súa obra para o caso de que resulte gañadora, incluídos os de publicación, distribución e explotación. 4. As novelas enviaranse antes do 15 de setembro de 2021. 5. O Xurado estará composto por cinco personalidades do mundo literario designados pola Academia Xacobea, un deles, en representación da Editorial Galaxia. Actuará como secretario do Xurado, con voz e sen voto, unha persoa designada para ese efecto. A composición do Xurado darase a coñecer, con anterioridade á súa reunión, na páxina web da Academia Xacobea. 6. O Xurado actuará en única sesión, sendo necesaria a asistencia da maioría simple dos seus membros. As deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente. A decisión do xurado será inapelable e darase a coñecer nun acto público no mes de decembro de 2021. 7. A entrega do premio terá lugar no acto público e na mesma estarán presentes representantes da entidade convocante, das institucións colaboradoras e da editorial, así como os membros do Xurado e o gañador ou gañadora. O día concreto será feito público coa suficiente antelación na páxina web da Academia Xacobea: www.academiaxacobea.gal. 8. Non se manterá correspondencia sobre a documentación presentada polos participantes. Os orixinais non premiados serán destruídos tras facerse pública a resolución de xurado. 9. A presentación das obras supón a aceptación destas bases por parte das persoas que participen na convocatoria, que ademais teñen o deber de comunicar á Academia Xacobea a concesión de calquera premio ou publicación que obteña a obra presentada durante o transcurso do premio e que producirá a automática a exclusión do mesmo. 10. A decisión sobre os aspectos non incluídos nestas bases ou aqueles que puidesen ser obxecto de interpretación, correspóndelle á Academia Xacobea, a cal, unha vez consultados os membros do Xurado e as entidades colaboradoras, emitirá ditame que será inapelable.

"Conto para non comer" vén de ser seleccionado para a exposición The Withe Ravens 2006

Igual que Que contan as ovellas para durmir? de Kiko da Silva, editado tamén por Galaxia na colección Os duros que obtivo o White Ravens no 2005 Conto para non comer está presente na maior feira de libro infantil e xuvenil do mundo. 250 libros para nenos e mozos en 32 idiomas e de 47 …

Primeira tradución ao árabe dun libro de Cunqueiro editado por Galaxia na súa lingua orixinal.

O Director do Instituto Cervantes, César Antonio Molina, presentou o pasado mes de febreiro de 2006 en Mondoñedo (Lugo) xunto co Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, a primeira tradución ao árabe dun libro do polifacético escritor Álvaro Cunqueiro. Trátase dunha das máis célebres novelas do escritor mindoniense, Si o vello Simbad volvese …

Recuperan a Ramón Piñeiro mirado por Casares

Ramón Piñeiro López nace na parroquia de Armeá de Láncara en Lugo no ano 1915. Dende mozo interviu no movemento galeguista e xa en 1932, en plena II República, entra en relación con círculos galeguistas lucenses, coa que participará na fundación da Mocidade Galeguista Local. Ao ano seguinte asiste á Asemblea do Partido Galeguista, onde …

Rei Ballesteros regresa á novela cunha historia provocadora e de pensamento e faino unha vez máis da man de Galaxia

Anxo Rei Ballesteros non renuncia ao pensamento nin a novela. Non renuncia tampouco a ser provocador ou incorrecto. O escritor presentou en Compostela o seu máis recente libro: Non sei cando nos veremos, publicado por Editorial Galaxia no que, en sentidos diversos aproveita a confesión que un pai fai dende o cárcere á súa filla …

Galaxia e Xosé Monteagudo presentan en Pontevedra no Café Moderno "Esta historia".

Carlos Lema, Antón Sobral e Xesús Constela acompañan ao escritor de Moraña na presentación da súa última novela Esta historia que Galaxia acaba de sacar do prelo. Monteagudo foi Premio Blanco Amor de novela no ano 2002 coa obra As voces da noticia, tamén editada por Galaxia. Nesta nova novela o morañés descóbrenos o que …

Galaxia publica en galego a última novela de Auster, [i]Brooklyn Follies[/i].

Brooklyn Follies aparece uns días antes en galego que nas súas versións en catalán e castelán. Galaxia adiántase ao lanzamento nas outras dúas linguas. Nesta novela un xubilado enfermo, Nathan Glass, relata a súa intención de mudarse ao barrio de Nova York para pasar con tranquilidade os seus derradeiros días, pero o destino e o …

Tres autores de Galaxia son galardonados cos Premios da Crítica

Máis de corenta membros de seis xurados diferentes decidiron o pasado sábado 6 de maio de 2006 no Hotel Mondariz de Mondariz Balneario os galardóns da XXIX dos Premios da Crítica de Galicia nas modalidades de creación literaria, investigación, ensaio e pensamento, música, ciencias e artes da representación e iniciativas culturais. No primeiro destes apartados …

Galaxia lanza a edición en galego do Terceiro Premio de Novela Europea.

O día 19 de abril de 2006 presentouse no Casino de Santiago o III Premio de Novela Europea concedido ao libro Xuntos e máis nada editado por Galaxia. O concorrido acto contou coa asistencia da autora, Anna Gavalda, que viaxou a Compostela expresamente para recoller o seu galardón. O certame suma enteiros coa repetición por …

Galaxia convoca unha mesa redonda arredor da tradución en Galicia.

Editorial Galaxia convoca na Feira do Libro de Compostela unha mesa redonda para abrir un dialogo, unha reflexión compartida, un debate sobre o momento que está a vivir a tradución de obras doutras literaturas no panorama literario galego do momento. Esta cita en Compostela cos libros ao aire reúne motivos abondo para non ignorala. Un …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR