Autor/a destacado/a:
A Editorial Galaxia publicará en marzo un libro inédito de Xela Arias
19/02/21

Non te amola! é o título que ilustra Luz Beloso e que se mantiña inédito ata hoxe No vindeiro mes de marzo, a Editorial Galaxia publicará o libro inédito de Xela Arias, Non te amola! ilustrado por Luz Beloso dentro da súa colección Libros para Compartir. A publicación supón achegar ás lectoras e lectores de Galicia o único libro de narrativa escrito por Xela Arias e que permanecía inédito ata agora. En Non te amola! imos atopar unha Xela Arias sorprendente, cunha forza narrativa sobrecolledora. Estamos diante dun conxunto de historias unidas por un fío sutil que nos agasalla unha biografía emocional dunha infancia que se proxecta, vizosa, cara os nosos días. A maxia artística de Luz Beloso, que nos debuxa unha Xela nena, axudan a entender como foi esa infancia de Xela Arias e os marabillosos acontecementos que, dende a súa ollada infantil, suceden e ela nos conta. Un texto que van gozar os máis pequenos da casa pero tamén todos os que queiran achegarse á descoberta dunha Arias que se centrou na poesía pero que tamén, como di no arranque do libro, quería escribir para a xente miúda para contarlles historias de como foi un tempo, o seu, dende o convencemento de que as grandes aventuras se viven en calquera época. Coma na súa poesía, estamos diante dunha narración dunha sensibilidade magnífica. As primeiras letras do libro son xa unha declaración de intencións: Agora na primavera fixen nove anos. Son moitos para non procurar nada de proveito na vida, así que vou escribir un libro. Non te amola!, pois, está chamado a ser o acontecemento literario deste 2021 no que se lle dedica o Día das Letras Galegas a Xela Arias, coñecida como poeta pero non como narradora. A Editorial Galaxia publica o libro nunha das súas coleccións máis emblemáticas, en tapa dura, formato grande e a cor, nunha edición á altura do acontemcento que é a publicación dun inédito da escritora de Sarria. O libro estará nas librarías de todo o país no vindeiro mes de marzo. Fotografía de Xulio Gil.

Galaxia convoca unha mesa redonda arredor da tradución en Galicia.

Editorial Galaxia convoca na Feira do Libro de Compostela unha mesa redonda para abrir un dialogo, unha reflexión compartida, un debate sobre o momento que está a vivir a tradución de obras doutras literaturas no panorama literario galego do momento. Esta cita en Compostela cos libros ao aire reúne motivos abondo para non ignorala. Un …

Dúas obras de Galaxia son traducidas ao portugués por Deriva Editores

Antón Riveiro Coello e Xurxo Borrazás atópanse xa nos andeis das librarías portuguesas. As rolas de Bakunine é o título en portugués da obra do escritor da Limia que ten vendidas en galego xa catro edicións e que ademais acadou o Premio García Barros de novela no ano 2000. A edición portuguesa de Deriva inclúe …

Auster, Capote, Nélida Piñon. Galaxia leva ao galego novidades da literatura internacional

Galaxia co obxectivo de normalizar a lingua e achegar aos lectores galegos a literatura novísima de todo o mundo acaba de sacar do prelo Brookyn Follies e ten previsto editar nas vindeiras semanas un mangado de gorentosas novidades. Ademais dun libro de memorias do debuxante Hugo Pratt (creador de Corto Maltés) e unha novela de …

A arxentina María Rosa Lojo publica en galego "A fin da terra" con Galaxia. A novela será presentada nos vindeiros días na Feira do Libro de Bos Aires.

A fin da terra nace dun proxecto que xiraba arredor da figura de Manuel Baigorria, quen logo de militar no exército do home branco se convertirá, durante vinte anos, en cacique poderoso entre os ranqueles, pobo asentado no noroeste da Pampa, antes de abandonalos para retornas entre os do antiguo bando. Este estar entre dúas …

María Rosa Lojo presenta en Galicia "A fin da terra"

"Gustaríame que meu pai, onde queira que agora estea, puidese oírme e presenciar este acto". Moi emocionada, María Rosa Lojo falou do libro e, sobre todo, da memoria do seu pai, xa falecido, nunha noite de forte choiva que non impediu que o público enchese o Café Casino de Santiago de Compostela. Entre os asistentes …

A Federación de Libreiros de Galicia premia a Teresa Moure como a mellor autora do ano

A Federación de Libreiros de Galicia concedeulle a Teresa Moure o premio "Irmandade do libro" no apartado de "Autora do ano" como recoñecemento á súa obra ensaística e de ficción. Teresa Moure é doutora en Lingüística Xeral e exerce a docencia nas facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Na súa …

UNHA HOMENAXE AO CASARES XORNALISTA

O Casares xornalista, o escritor dos pequenos detalles e do día a día fica agora entre as páxinas de Á marxe, 1992. Obra xornalística I e Á marxe, 1993. Obra xornalística II, dous volumes dedicados a recoller os artigos publicados diariamente polo escritor no periódico La Voz de Galicia durante os anos 1992 e 1993 …

Xesús Constela debuta «desde a calidade» na literatura galega

"Unha nova estrela na Constelación de Galaxia". Así definía o pasado 6 de outubro o editor Víctor Freixanes a Xesús Constela durante a presentación da ópera prima deste último, , que se ergueu en decembro co Premio Torrente Ballester da Deputación da Coruña. O seu Presidente Salvador Fernández Moreda, a súa satisfacción pola consolidación do …

Dolores Ruiz gaña o Blanco Amor coa novela [i]A illa ignorada[/i]

A illa ignorada é a primeira novela para público adulto desta escritora ata agora coñecida pola súa produción de literatura infantil. Deuse a coñecer en 1998 ao gañar o Premio Barco de Vapor con A lenda do capitán Miñoca, o seu debut. En Editorial Galaxia ten publicado o seu libro Historia do bico Simón. Ademais …

Falece o destacado galeguista Agustín Sixto Seco

A capela ardente está instalada na igrexa de San Domingos de Bonaval. Mañá venres celebrarase o funeral na igrexa de San Francisco, en Santiago de Compostela, para logo ser soterrado no cemiterio de Boisaca. Tralo seu pasamento, numerosos representantes da cultura e da sociedade galega expresaron o seu pesar polo pasamento do intelectual galeguista. Ademais …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR