6 títulos e 1 colección da Editorial Galaxia son finalistas nos Follas Novas
Os prestixiosos Premios Follas Novas do Libro Galego completan a súa fase final escollendo seis libros e unha colección da Editorial Galaxia, entre os seus finalistas. Na categoría de Ensaio e investigación, resultou escollida a obra Castelao. Construtor da nación. Tomo III. 1940-1950, de Miguel Anxo Seixas Seoane, que completa o estudo arredor do intelectual rianxeiro. …