Autor/a destacado/a:
71 anos da Editorial Galaxia
23/07/21

Un 25 de xullo de 1950 celebrábase no bodegón do hotel Compostela, en Santiago, a asemblea fundacional de Editorial Galaxia. Quenes estaban alí compartían un soño que non entendía de limitacións ou dificultades. A base de valentía, forza e un compromiso férreo, creouse o que hoxe é a casa literaria de Galicia. Presidida por Ramón Otero Pedrayo,a aquela primeira xuntanza asistiron personalidades senlleiras do galeguismo, como Manuel Gómez Román, secretario do Partido Galeguista. Configurábase daquela o núcleo principal da resistencia cultural e política do galeguismo, obrigado á clandestinidade e ao exilio despois da Guerra Civil. Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla Couto e Ramón Piñeiro, foron as tres personalidades que dende o primeiro momento orientaron a editorial, comprometida coa recuperación da lingua e da cultura galega, nos tempos difíciles da ditadura. Non estaban todos. Algúns non puideron asistir, entre outros Ramón Piñeiro, que viña de saír da cadea. Mais había representantes do exilio e da emigración, principalmente das colectividades galegas de Bos Aires e de Montevideo. Son só algúns dos nomes das personalidades que participaron para erixir este proxecto, que sempre entendeu a editorial como unha casa común para a cultura galega, ao servizo do país. Valores que seguen sendo a nosa razón de ser e que, incorporados aos tempos actuais, permanecen vixentes na editorial. Inspirada polo espírito da xeración Nós, Galicia e a nosa lingua sempre foron os seus principios e razón de ser. Unha busca compartida, por un grupo de intelectuais, que buscaban recuperar a actividade pública da cultura galega trala catástrofe da Guerra civil. O primeiro libro publicado por Galaxia foi Antífona da cantiga, de Ramón Cabanillas, que saiu do prelo en abril de 1951. O primeiro dun total de 4.000 títulos, ideados en favor á conformación da cultura galega e a resistencia cultural ao franquismo. Este é un proxecto de futuro que se fundamenta no noso compromiso coa lingua e a cultura galega. O noso catálogoestá cargado de clásicos, novidades, traducións da literatura universal e éxitos internacionais. Unha proposta que non deixa de medrar e actualizarse cos tempos que vivimos. Un proxectoque nace e medra na raíz máis profunda de Galicia.

III Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

BASES 1º Poderán concorrer ó premio tódalas autoras e autores de calquera nacionalidade que presentaren os orixinais escritos en lingua galega (de conformidade coas vixentes Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego aprobadas pola RAG) de obras de creación literaria dirixidas a nenas e nenos de 3 a 12 anos. As obras deberán ser inéditas …

XIV Premio de Narrativa Breve Repsol

O Premio de Narrativa Breve Repsol está convocado pola Fundación Repsol, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia. A dotación económica do premio ascende a 12.000 euros e inclúe a publicación da novela curta por parte da Editorial Galaxia na súa colección Literaria. As obras poderán enviarse ata o próximo …

XXXII Premio de Novela Manuel García Barros

O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e …

Concurso para a cativada

Prezadas familias e cativada: Temos unha proposta para levar estes días de corentena o mellor posible. Xa que temos que estar na casa, imos tirarlle o maior proveito, pois nos fogares tamén se poden facer moitas cousas. Imos convocar un concurso de debuxo para as nenas e nenos, co cancelo: #LeoNaCasa. As bases son as …

I Premio de Ensaio Camiño de Santiago

A Academia Xacobea, en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, e co patrocinio de Aluminios Cortizo, convoca o I PREMIO DE ENSAIO “CAMIÑO DE SANTIAGO”, co fin de promover e divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno …

Convocatoria do I Premio de Novela da Galicia Rural

Entre os grandes retos que debe afrontar a Galicia de hoxe en día cómpre destacar a procura de alternativas para o desenvolvemento do rural de cara a garantir o seu futuro e adecuación ás novas realidades do século XXI, sen que iso derive na perda da súa identidade, tradicións e cultura. Así mesmo, considérase preciso …

III Premio Roberto Vidal Bolaño 2020

Este certame nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. Por iso, o Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, convocan este certame coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por alumnado do ensino secundario. …

Premio Viadutos de Novela 2020

BASES PREMIO VIADUTOS DE NOVELA 2020 PRIMEIRA. Poderá concorrer calquera persoa maior de 18 anos, na data de entrada en vigor da convocatoria, que presente a súa obra en lingua galega conforme as normas ortográficas vixentes. Os textos presentados serán inéditos e totalmente orixinais. Non puideron ser sido publicados ou divulgados, en todo ou en …

Premio Literario Illa Nova 2020

A Editorial Galaxia convoca a cuarta edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2020 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación. En 1957 a Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova, coa que pretendían dar continuidade ao proxecto da editora a través das novas xeracións, …

Convocatoria Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2020

A Editorial Galaxia convoca a terceira edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2020 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación. En 1957 a Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova, coa que pretendían dar continuidade ao proxecto da editora a través das novas xeracións, …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR