Gloria Gómez Pavía gaña o I Premio de Álbum Ilustrado ‘Alberte Quiñoi’
Reunido hoxe o xurado, no Concello da Estrada, formado pola poeta Yolanda Castaño Pereira, a ilustradora Rosa Cabanas, o crítico literario Armando Requeixo, Carlos Loureiro Rodríguez, como secretario, e Sara Valcárcel Maceira, responsable de Comunicación e coordinadora de novos proxectos de Editorial Galaxia, escolleu por unanimidade a obra gañadora. Despois de valorar orixinais presentados e de levar …