Autor/a destacado/a:
Celebramos o día das nosas Letras
13/05/22

Este martes 17 de maio celebramos a Florencio Delgado Gurriarán, poeta desta Galaxia, no Día das Letras Galegas. Este 2022, Galicia réndelle homenaxe ao autor de Córgomo, dedicándolle a súa efeméride máis especial. Galaxia, contribúe nesta causa incluíndo, nas súas novidades editoriais, os seus tres poemarios: Bebedeira, Galicia infindaO soño do Guieiro, e a súa Antoloxía poética, en edición de Débora Álvarez Moldes e Margarida Pizcueta Barreiro, de Florencio Delgado Gurriarán. Ao mesmo tempo que os libros Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio. Antoloxía poética, de Xesús Alonso Montero e Vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista, de Ricardo Gurriarán, publicado orixinalmente en 1999 e agora recuperado por Galaxia. Obras que completan a aproximación á vida e obra do poeta, xunto con Florencio Manuel Delgado Gurriarán. Un legado infindo, publicado na colección Lectura Fácil, da autoría de Lucía Gómez Álvarez. Unha obra con pictogramas para achegar a todas e todos o labor cultural do homenaxeado nas Letras Galegas 2022. Florencio Delgado Gurriarán, avogado de formación, foi poeta, articulista, pioneiro da tradución poética interlingüística, editor literario e home ponte entre a Galicia exiliada en México e a Galicia interior, capaz de tecer asemade vínculos coa intelectualidade doutras orixes. Foi tamén un extraordinario activista cultural, promotor de iniciativas como o Padroado da Cultura Galega en México (creado en 1953), a revista Vieiros –da que foi director xunto con Carlos Velo e Luís Soto–, a audición radiofónica “Hora de Galicia”, que estivo en antena todos os domingos durante case dúas décadas, e doutras publicacións de carácter político e cultural. Por iso o seu Día das Letras Galegas será tamén unha homenaxe serodia a todo o exilio mexicano, cuantitativamente menor có arxentino pero dunha importancia igualmente capital. O autor, membro moi activo do Partido Galeguista de Valdeorras, chegou a México tras lograr escapar a través de Francia  no ano 1939. Fíxoo a bordo do Ipanema, un dos barcos que levaron os refuxiados españois a América e no que fuxiron tamén, entre outros, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Andrés Valín, Carlos Tomé, Johán López Durá, Serafín Ferro ou o mencionado Elixio Rodríguez. Unha vez en América mantería o compromiso cívico e cultural que dende moi novo o achegara tamén ás Irmandades da Fala e ao Seminario de Estudos Galegos, do que fora socio protector. Feliz día das Letras Galegas a todas e todos!

Convócase o V Premio Vidal Bolaño 2022

“Este certame nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. Por iso, o Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, convocan este certame coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por alumnado do ensino secundario.” …

Convócase o Premio Álvaro Cunqueiro de Novela

O Concello de Mondoñedo en colaboración coa Casa Museo Álvaro Cunqueiro e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca este certame coa finalidade de honrar a memoria do escritor Álvaro Cunqueiro e, asemade, axudar á promoción da escrita literaria en lingua galega e á divulgación das súas autoras e autores. As bases polas que …

Convócase o XXXIV Premio de Novela “Manuel García Barros”

O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e …

Convócase o II Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado

O Concello da Estrada, xunto coa Editorial Galaxia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convocan a segunda edición do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado. Este premio concederase de acordo coas seguintes BASES: Primeira Poderán optar ao II Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, que convoca o Concello da Estrada co apoio …

Convócase o Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2022

A Editorial Galaxia convoca a sexta edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2022 para autores e autoras menores de 35 anos co obxectivo de estimular a creación. En 1957 a Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova, coa que pretendían dar continuidade ao proxecto da editora a través das novas xeracións, sempre con vontade de …

Convócase o IV Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

Como un medio de promoción para os novos autores e autoras en lingua galega de literatura infantil, e como homenaxe ao veciño deste concello Xosé Carlos Mosteiro Fraga, falecido en 2017, proponse a edición do IV Premio Carlos Mosteiro de Literatura Infantil, de obras literarias dirixidas a rapazas e rapaces de entre 3 e 12 anos. …

Convócase o XV Premio de Narrativa Breve Repsol

O Premio de Narrativa Breve Repsol está convocado pola Fundación Repsol, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia. A dotación económica do premio ascende a 12.000 euros e inclúe a publicación da novela curta por parte da Editorial Galaxia na súa colección Literaria. As obras poderán enviarse ata o próximo …

XXI Premio de Ensaio Ramón Piñeiro

BASES A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia, coa colaboración de Caixa Rural Galega, convocan o XXI Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Este premio convócase en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento …

Convocatoria do II PREMIO DE NOVELA DA GALICIA RURAL

Convocatoria do II PREMIO DE NOVELA DA GALICIA RURAL  Entre os grandes retos que debe afrontar a Galicia de hoxe en día cómpre destacar a procura de alternativas para o desenvolvemento do rural de cara a garantir o seu futuro e adecuación ás novas realidades do século XXI, sen que iso derive na perda da súa identidade, …

Convócase o XIII Premio de poesía Victoriano Taibo

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), en colaboración co Concello de Gondomar e a Editorial Galaxia, convoca o XIII Premio de poesía Victoriano Taibo, dotado con 4000 € e unha escultura conmemorativa de Fino Lorenzo. O prestixioso galardón rexerase polas seguintes BASES: 1.    Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre, non poderán …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR