Autor/a destacado/a:
XXII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro
16/09/22

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a Editorial Galaxia, coa colaboración de Caixa Rural Galega, convocan o XXII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. Este premio convócase en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario e o xénero de ensaio, e acóllese ao espírito que inspirou a traxectoria intelectual da persoa á que se honra, coa intención de impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre e democrático, a precisión e o estilo da lingua galega, o debate e a reflexión arredor dos temas varios do noso tempo.

  1. Poderán participar todas as persoas que o de sexen, sempre que os orixinais sexan inéditos e estean escritos en lingua galega.
  2. A extensión dos orixinais abranguerá entre 150.000 e 300.000 caracteres, incluídos espazos, aínda que o xurado poderá considerar flexiblemente esta condición, conforme a calidade obxectiva da obra seleccionada. Deberanse presentar cinco copias dos orixinais en formato DIN A4 mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara.
  3. O tema dos ensaios será libre mais os traballos deberán evitar, na medida do posible, o enfoque propio da investigación especializada ou un excesivo carácter académico. A exposición do tema do ensaio deberase realizar exclusivamente mediante a escritura, sen empregar gráficos, cadros, fotografías ou elementos semellantes.
  4. Os orixinais deberán enviarse por correo certificado, baixo plica, a: Editorial Galaxia, Avenida de Madrid, 44, 36204 Vigo, e indicando no sobre XXII Premio de Ensaio Ramón Piñeiro.
  5. O prazo para a recepción de orixinais rematará o 30 de novembro do ano 2022 e a decisión do xurado, que terá carácter inapelable, darase a coñecer no transcurso do mes de decembro.
  6. Establécese un único premio de 3.000 euros (suxeito aos impostos que lle sexan de aplicación), que será outorgado ao ensaio que, en opinión do xurado, posúa maior fondura e orixinalidade e reúna suficientes méritos estilísticos e literarios.
  7. Se ningún dos orixinais presentados reunise estes méritos ou o xurado así o considerase, o premio poderase declarar deserto.
  8. A contía do premio inclúe os dereitos de autor da primeira edición da obra gañadora. A partir da segunda, a explotación comercial do libro premiado xerará o 10 por cento de dereitos sobre o prezo de capa sen IVE, para o autor ou para quen el libremente determine.
  9. A Editorial Galaxia publicará e comercializará o libro na súa colección “Ensaio” e na cuberta salientará, ao par da editorial, a Xunta de Galicia, e na contracuberta os logotipos das entidades colaboradoras: Xunta de Galicia, Caixa Rural Galega e Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
  10. As copias dos orixinais non premiados e as súas correspondentes plicas serán destruídas.
  11. A interpretación destas bases corresponderalle exclusivamente ao xurado, cuxos membros, en número de cinco, nomearanse de común acordo entre as entidades convocantes.
  12. A presentación ao premio supón a conformidade con estas bases por parte dos participantes.

Clausura da exposición de “Alén da desventura”, en Ferrol

O xoves 29 de setembro, celebrarase, ás 19 h, en Afundación de Ferrol, a clausura da exposición da nova edición de Alén da desventura, de Xavier Alcalá, ilustrado por Siro. Acompañando o autor e o ilustrador, estará Tati Mancebo, directora Comercial de Editorial Galaxia. Durante os cincuenta últimos anos Siro López colaborou coa Editorial Galaxia en diversas …

A Editorial Galaxia publica tres obras de Neira Vilas

As obras, publicadas na colección Lectura Fácil, Memorias dun neno labrego, Espantallo amigo, e, a pertencente á colección Árbore, O cabaliño de buxo, son as creacións que engrosan o catálogo dedicado ao autor de Vila de Cruces. Lucía Gómez Álvarez foi a encargada de adaptar á Lectura Fácil Memorias dun neno labrego, unha das obras máis importantes da literatura galega, …

O alumnado do instituto arxentino-galego Santiago Apóstolo visita a Editorial Galaxia

Hoxe, celebrando o Día Europeo das linguas, recibimos nas instalacións da editorial Galaxia, en Vigo, a visita dun grupo de estudantes e profesoras do Instituto arxentino galego Santiago Apóstol de Bos Aires. Rapazas e rapaces chegados dende o outro lado do océano Atlántico, viñeron á nosa casa para reafirmarse nos valores legados polos devanceiros, que levan …

María do Cebreiro publica “Maternidades virtuosas”, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2022

Os amantes da escrita de María do Cebreiro Rábade Villar están de sorte porque xa está dispoñible en todas as librarías de Galicia o seu novo libro Maternidades virtuosas. Unha crítica aos modelos profesionais de crianza, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021. Nel a autora estuda a idea da maternidade, condicionada por dous factores fundamentais: o …

Convócase o V Premio Carlos Mosteiro de Literatura Infantil

Hoxe celebrouse, no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, unha rolda de prensa na que se deu a coñecer a nova edición do Premio Carlos Mosteiro. No acto, participaron Manuel Cartea (A. C. Barbantia), Patricia Lojo, concelleira de Cultura do Concello da Pobra, Lourdes Briones, viuva de Carlos Mosteiro, e Francisco Castro, director xeral …

Convócase o V Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

Como un medio de promoción para os novos autores e autoras en lingua galega de literatura infantil, e como homenaxe ao veciño deste concello Xosé Carlos Mosteiro Fraga, falecido en 2017, proponse a edición do V Premio Carlos Mosteiro de Literatura Infantil, de obras literarias dirixidas a rapazas e rapaces de entre 3 e 12 anos. Este premio …

Hoxe celebramos o Día do Alzheimer

Hoxe, mércores 21 de setembro, celébrase o Día Mundial do Alzheimer. Unha data que busca concienciar sobre unha terrible enfermidade, que afecta de maneira directa tanto ás persoas doentes como ás familias e coidadores das mesmas. Esta é a forma máis común de demencia, pois en España representa ata o 70% dos casos. Unha realidade …

Presentación de “Castelao. Plástica e pensamento. 1903-1916”, en Pontevedra

O mércores 21 de setembro, celebrarase, ás 19:30 h, no Arquivo da Deputación de Pontevedra, a presentación de Castelao. Plástica e pensamento. 1903-1916, de Xesús Andrés López Piñeiro. Acompañando o autor, estarán María Ortega, Deputada de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra, o prologuista do libro, Xosé Manuel Pazo Blanco, e Francisco Castro, director xeral …

Presentación de “Algoritmos”, en Pontevedra

O martes 20 de setembro, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Paz de Pontevedra, a presentación de Algoritmos, de Xavier Queipo. Acompañando o autor, estará Olga Nogueira. Queipo volve a sorprender ao público cunha nova novela. Publicada na colección Literaria, Algoritmos é un exercicio de análise, de pensar fóra da norma, de expresar ideas e sentimentos cunhas …

O luns comeza o Obradoiro Literario, da Escola de Letras, con Anna R. Figueiredo

O luns 19 de setembro, comeza, ás 19:00 h, o Obradoiro Literario con Anna Figueiredo: Escribir. Xéneros, técnicas, temáticas…, en Pontevedra. Celebrarase os días 19 e 26 de setembro; 3, 10, 17 e 24 de outubro; 7 e 14 de novembro, en horario de 19:00 h a 21:00 h, no Salón de Actos do Edificio Administrativo da …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR