Yolanda Castaño Esta escritora nacida en Santiago de Compostela en 1977 é unha referencia obrigada para establecer os rumbos da creación poética das novas xeracións. Publicou o seu primeiro libro en 1995, Elevar as pálpebras. Tiña daquela dezasete anos e sorprendeu aos lectores e á crítica pola súa madurez e ao mesmo tempo pola novidade da súa expresión. Delicia e Vivimos no ciclo das erofanías confirmaron esa primeira impresión. En 2003 publicou O libro da egoísta, unha obra que marca un punto e á parte na súa obra.

A súa actividade creativa vai máis alá do medio impreso. Interesada na expresión artística e xornalística do audiovisual, dirixiu en TVE de Galicia o programa Mercuria, centrado nas vangardas creativas galegas. Formou parte da equipa directiva de Letras da Cal e codirixiu con Olga Novo a revista de artes Valdeleite. No ano 2000, e baixo o título de Edénica, viu a luz unha antoloxía persoal da súa obra anterior, acompañada dun CD no que a autora cantaba versións musicadas dos seus poemas.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Cociñando ao pé da letra
Entra na literatura... ata a cociña22,50€

mercar
Punver de volta
Xa coñecedes a Punver, da especie dos punki-vermiños.10,50€

mercar
Cando eu saiba ler
Un texto para descobrir a de cousas que poden facerse cando aprendemos a ler.7,85€

mercar
O libro da egoísta
Unha exploración, un poemario que invita ao lector ou lectora a viaxar coa autora por paisaxes novas e íntimas.11,05€

mercar
Punver
Punver é un punki-vermiño. Non ten mal corazón, pero... hai que desastriño de punki-vermiño!10,50€
 

Recensións


Noticias relacionadas

COCIÑANDO AO PÉ DA LETRA2011-11-29 09:41:19
Abran os ollos2011-09-29 14:58:59
Actos de Galaxia no Festigal2012-03-27 10:32:07

Actividades relacionadas

Contacontos na FNAC2009-04-25 12:00:00

Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR