Xosé Ramón Pena (Betanzos, 1956) é narrador, ensaísta e historiador da literatura. Asemade é colaborador habitual en prensa e asesor literario do suplemento "Faro da cultura". No espazo da ficción é autor de novelas e volumes de relatos: O reverso do espello (1984), Para despois do adeus (Premio Xerais, 1987), Paixóns privadas (1991), A era de Acuario (1997), Fado de princesa (2005), A batalla do paraíso triste (2008), Como en Alxeria (2012) e Todas as vidas (2020). Polo que se refire ao ensaio e á historia da literatura, publicou, entre outros títulos, Manuel Antonio e a vangarda (1996), Historia da literatura medieval galego-portuguesa (2002), Martín Codax e os xograres do Mar de Vigo (2017) e os catro volumes que conforman a Historia da literatura galega (2013-2019). Autoría foto autor: © Eli Regueira


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
En tempo de desconto
Xosé Ramón Pena é esa clase de autor que pertence á mellor tradición de contistas do noso país.19,75€

mercar
Galego Século XXI. Nova guía da lingua galega
Para a lingua galega, a entrada no século XXI vén marcada por unha nova normativa ortográfica, con especial relevancia para a normalización do idioma. A Nova Guía da Lingua Galega responde aos desafíos e necesidades deste novo século.18,75€

mercar
Galego Século XXI. Nova guía da lingua galega. Caderno de exercicios
ESGOTADO0,00€

mercar
Fado de princesa
Fado de princesa é un tour de force, unha valente incursión narrativa coa que Xosé Ramón Pena volve á novela no logo de varios anos.16,40€

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

As filloas de ManolaR. J. PeraltaBlanca Millán
CornucopiaRaúl M. Santos

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR