Xosé Manuel González Reboredo Naceu en Lugo en 1946. Desenvolve a súa actividade investigadora nos eidos da etnografía e antropoloxía cultural. Discípulo de Fermín Bouza-Brey, está vencellado ao Museo do Pobo Galego e á sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega. Foi o coordenador da obra Galicia Antropoloxía (1997) e autor da Guía das festas populares de Galicia. Polo recoñecemento que obtivo dos lectores, tamén cómpre salientar entre as súas numerosas publicacións a edición das Lendas galegas de tradición oral (1995), da que en 2006 Galaxia presentou a oitava edición. En 2004 presentou un libro co título Vida e obra de Xaquín Lorenzo, coincidindo coa dedicatoria do Día das Letras Galegas ao etnógrafo ourensán.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Lendas galegas de tradición oral
A literatura oral, a enorme e riquísima tradición popular galega, recóllese nesta antoloxía das Lendas galegas de tradición oral. Unha recompilación ampla e representativa na que cada unha das manifestacións da imaxinación, desde as historias dos mouros ás cidades asolagadas, pasando polas lendas de tesouros, lobos e lobishomes, chega aos lectores e lectoras con toda a súa fantasía. As vellas historias de sempre, contadas co mesmo pulo narrativo que fascina xeración tras xeración.16,26€

mercar
Leyendas gallegas
Unha fermosa recolección de lendas populares clasificadas por temas.13,75€

mercar
A vida e obra de Xaquín Lorenzo
Unha oportunidade para redescubrir a traxectoria dun home que traballou a prol da conservación e mellor coñecemento da cultura popular galega.0,00€

mercar
Guía de festas populares de Galicia
Esta guía amosa un catálogo moi completo dos festexos máis famosos e con máis tradición en Galicia.0,00€

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

Carliños, capitán!Xoán Babarro González
Unha cervexa ChangManuel Portas
O meu sangueDiego Giráldez
MaasaiAlberto Avendaño

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR