OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A
|
RecensiónsNoticias relacionadasActividades relacionadasNovidades
|
![]() Xosé Luís Sánchez Ferraces Xosé Luís Sánchez Ferraces (San Xoán de Filgueira, Ferrol, 1946) cursou a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. En 1972 obtivo a licenciatura en Filoloxía Románica e posteriormente o Grao na mesma coa defensa da tese de licenciatura titulada “Introdución á lectura d’A Coutada de Vicente Risco”. Profesor de lingua e literatura galegas, exerceu o seu labor docente na Universidade de Santiago de Compostela como profesor adxunto interino e na Universidade de Vigo como profesor titular de Escolas Universitarias na área de “Filoloxías galega e portuguesa”. As súas investigacións céntranse na análise e interpretación de textos narrativos e poéticos tanto de escritores galegos (Rosalía de Castro, Vicente Risco, Castelao, Celso E. Ferreiro, Carlos Casares) como de escritores portugueses (José Gomes Ferreira, José Saramago, Mário de Sá-Carneiro) e hispanoamericanos (Julio Cortázar). Desempeñou o cargo de secretario do Boletín Galego de Literatura desde 1989, ano da súa creación, ata 1992 e logo, durante un tempo, foi membro do seu Consello de Redacción. OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A
|
RecensiónsNoticias relacionadasActividades relacionadasNovidades
|
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies
ACEPTAR