Xosé Lois Ripalda Xosé Lois Ripalda (Carballedo, 1940) é mestre e escritor. Comezou a súa andaina literaria con libros de narrativa sobre as inquedanzas das xentes da freguesía de Erbedeiro, o seu berce, a carón do río Miño: Un fachico de contos, Contos para engaiolar (1984), Contos da baiuca (1995) e Memorias dun esquelete de aldea (2002). Publicou, ademais, os seguintes títulos de literatura infantil: As bolboretas blancas (1989), As botas de Zapeto (1995), O cabalo ceibe (2004).

Investigador sobre temas etnográficos, neste eido é autor dos libros A cultura tradicional do pan (2002), A carón da roda. Vida dun afiador (2002), Erbedeiro, vida e esmorecer dunha freguesía (2002) e O libro das fontes (2006), ademais de numerosos artigos en xornais e revistas.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
O país dos mil ríos
Os ríos percorren un país, artellan a súa xeografía e delimítano. Galicia é o país dos mil ríos.19,75€
 

Recensións


Noticias relacionadas

O país dos mil ríos2011-06-28 10:54:34

Actividades relacionadas


Novidades

Grial 234 VV.AA.
Os dez animaisAntón Cortizas
Lagarta, lagarta!Elvira Ribeiro Tobío

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR