Xosé Filgueira Valverde Xosé Fernando Filgueira Valverde naceu en Pontevedra en 1906. Realizou estudos de Dereito, Filosofía e Letras e Psicoloxía. En 1923 formou participou na fundación do Seminario de Estudos Galegos, onde dirixiu a sección de Historia da Literatura. Foi membro da Real Academia Galega desde 1942 e correspondente das Reais Academias de Historia, de Lingua e de Belas Artes de San Fernando. Dirixiu o Museo "Rosalía de Castro", o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e o Museo de Pontevedra. En 1982 e 1883 foi Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia. Recibiu numerosos premios como recoñecemento ao seu traballo e erudición.

A súa obra literaria abrangue o xornalismo, a narrativa, a poesía, o ensaio e o teatro. O seu libro máis coñecido é o volume de prosas literarias Quintana viva (1971). Teñen especial relevancia as achegas que Filgueira Valverde fixo no campo da investigación. Boa parte do seu traballo nesta área aparece nos nove volumes editados baixo o título xenérico de Adral entre 1979 e 1996. As súas achegas sobre lírica medieval reuníronse no libro Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1927-1987).Morreu en 1996 en Pontevedra, cidade da que foi alcalde.

Dedícaselle o Día das Letras Galegas no ano 2015


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Con Otero Pedrayo
3,83€

mercar
Terceiro Adral
Nesta obra, o autor reuniu unha combinación de temas diversos iluminados por unha reflexión sobre os ritos da vida e da morte.19,95€

mercar
Quintana viva
Relatos sobre nenos escritos con frescura por un dos principais eruditos galegos do pasado século.15,10€

mercar
Segundo Adral
Neste segundo Adral, Xosé Filgueira Valverde recolleu artigos publicados entre os anos 1978 e 1981.19,50€

mercar
Adral
Coa intención "de manter viva a vocación de entregar aos demais o que un vai adeprendendo", Xosé Filgueira Valverde xuntou artigos escritos inicialmente para os xornais.19,50€

mercar
O Vigairo / A monxa-frade / Agromar / Aucto de Santa María
Neste volume recupéranse catro obras de dous xéneros diferentes: a narrativa e o teatro, unha delas inédita.14,90€

mercar
Quintana viva
Nesta obra recóllense algunhas das mellores páxinas da obra literaria de Xosé Filgueira Valverde.12,75€

mercar
Estudios sobre lírica medieval. Traballos dispersos (1925-1987)
Os traballos de Filgueira Valverde sobre a literatura galega do medievo reunidos por primeira vez nun libro.17,95€

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

Carliños, capitán!Xoán Babarro González
Unha cervexa ChangManuel Portas
O meu sangueDiego Giráldez
MaasaiAlberto Avendaño

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR