Xosé Durán Naceu en Cuntis en 1957. É licenciado en Ciencias Químicas e xornalista. A maior parte da súa activiade profesional está vencellada aos mundos da radio e da televisión, nos que se dedicou á información deportiva e á información xeral. En 1985 comezou o seu traballo na Televisión de Galicia, onde foi director de telexornais e de programas como O semanal e Reporteiros, ademais de encargarse de diversos informativos especiais. Foi tamén xefe de deportes e redactor-xefe dos Servizos Informativos da TVG. Colaborou en varias revistas literarias. Da súa autoría son o libro de relatos de ciencia-ficción O asasino invisible e a biografía Roberto Blanco Torres, xornalista e poeta.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
O asasino invisible
Dez relatos que de variadas maneiras tratan dunha sociedade na que as máquinas empezaron a levar o control.11,50€

mercar
Roberto Blanco Torres – Xornalista e poeta
Unha amena e sinxela biografía do escritor conmemorado no Día das Letras Galegas de 1999.0,00€

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

EricaAna Vigo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR