Xesteira, J. A.

j-a-xesteira-ana-gesteira
Xesteira, J. A.

Estudou Xornalismo na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid. É xornalista desde 1972 e foi redactor en xornais como, El Correo Gallego, El Pueblo Gallego Faro de Vigo, onde exerceu como redactor xefe de Cultura. Ao longo de vinte anos mantivo unha columna semanal de opinión sociopolítica, como colaborador no Diario de Pontevedra. Foi crítico de cine na última etapa do semanario A Nosa Terra, actividade que xa mantivera durante 18 anos en Faro de Vigo, onde tamén cultivou esporadicamente crítica literaria e artística. É autor de varios libros, entre os que destacan Blues da ría (2001) e Contos de familia (2005).

Autora da fotografía: ©Ana Gesteira.

As súas obras

Cóntamo outra vez, Rick
9788491516057
16.70€ CON IVE