Xavier Rodríguez Barrio Naceu en Lugo en 1954 e dende moi novo foi coñecido como poeta. Pertenceu ó colectivo dos Novísimos, nunha primeira época de poesía ligada ó socialrealismo, con poemarios como Apalpando o eisilio da Raza (1974) e Pranto a Castelao vivo e morto (1975). A súa integración no grupo Cravo Fondo supuxo unha segunda época creativa caracterizada polo maior alento èpico, con títulos como Antífona da redención (1977)e Herdo e alucinación en Fisterra (1981).

En 1984 obtivo o Premio Celso Emilio Ferreiro con Os laberintos da xerfa, libro co que acadou a súa madurez expresiva. A este seguiron outros títulos igualmente relevantes e celebrados, como Os aposentos silenciados (1987), Celebración do Gozo (1989, Premio Esquío e finalista do Nacional de Literatura), Alborada no muro (1991, Premio Eusebio Lorenzo Baleirón) e Antiga claridade (1992, Premio Martín Códax e da Crítica Española).


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Antiga claridade
Un poemario dun perfecto equilibrio interior, que expresa unha profunda e serena meditación sobre a experiencia do tempo.10,50€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR