Xavier López Rodríguez Naceu no ano 1956 en San Ciprián de Hermisende, unha das pequenas aldeas da provincia de Zamora nas que se fala galego. Xornalista de profesión, traballou en diarios como El correo de Zamora, El Norte de Castilla, Diario de Galicia e Diario 16 de Galicia. Desde 1985 reside en Santiago de Compostela, lugar do que xa se considera un cidadán máis. Na actualidade exerce de forma libre a súa profesión, colaborando con diversos medios informativos. Como escritor, iniciou a súa traxectoria con dúas novelas curtas en castelán, Retrato de viejo con chupete (1988) e El clan de los sonámbulos (1991). En galego publicou O anano enredador, Outros heroes, A citación, Linguas longas e Voces de vacas.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Voces de vacas
Un libro no que as vacas toman a palabra e narran o mundo dende os seus ollos pacíficos e maternais8,60€

mercar
A citación
A historia dunha rapaza que vive a angustia porque foi chamada a declarar diante do xuíz0,00€

mercar
Linguas longas
Un libro que nos ensina a facer preguntas e non aceptar todo tal e como nos vén dado11,06€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

Grial 234 VV.AA.
Os dez animaisAntón Cortizas
Lagarta, lagarta!Elvira Ribeiro Tobío

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR