Xan López Domínguez Un dos ilustradores galegos de literatura infantil con maior proxección internacional. Iniciou a súa carreira na BD coa súa participación no fanzine "Xofre" en 1979. Tres anos despois participa na exposición "Coordenadas" e no número especial que a revista do mesmo nome dedicou á banda deseñada e participa en "El patito feo". Colaborou con "Can sen dono", "Cine e historieta galega", "A banda do 17" e máis recentemente, "BD Banda" e "Golfiño". A súa carreira orientouse cara a ilustración para libros infantís e xuvenís, eido no que alcanzou recoñecemento internacional. En 1979 gañou o segundo premio no certame de banda deseñada que organizou a asociación "O facho". Ao longo da súa carreira recibiu numerosos galardóns: Premio Rañolas de Ilustración, Curuxa do Humor do Museo de Fene, Lista de Honra do IBBY en Berlín, Ilustrador do ano 1994 en Boloña, Placa da Bienal de Bratislava, Premio Malba Tahon da Federação Brasileira do Livro Infantil e Juvenil (IBBY), Lista de White Ravens da Biblioteca Internacional da Xuventude de Munich. Ademais, Voces na Lagoa do Espantallo foi considerado entre os cen mellores libros do século XX pola Fundación Germán Sánchez Rupérez.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Canta, miña rula, canta
Dous grandes artistas, un da palabra e outro da ilustración16,50€

mercar
Voces na Lagoa do Espantallo
Coñeces o segredo da Lagoa do Espantallo?10,50€

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR