xan

Xan Bouzada Xan Bouzada Fernández (Lugo, 1951-Vigo, 2008). Doutor en Socioloxía, publicou varios libros sobre a materia da súa especialidade centrados na realidade galega, como Escola, cultura e vida comunitaria nun concello galego: Moaña, A situación socio-cultural dos concellos galegos e O desenvolvemento comunitario local. É autor tamén de Familia e comunidade. Xunto a Anxo M. Lorenzo Suárez escribiu Redes sociais e conxuntos de acción.

Incorporouse ao consello de redacción de GRIAL en 1989, na etapa que dirixiu Carlos Casares. Ao longo destes case vinte anos, participou activamente nos labores da revista con numerosas colaboracións, encargándose, ademais, da coordinación dos monográficos "Os dilemas da acción cultural" (número 130, 1996), "Sobre a sociedade da cultura" (149, 2001), "Demografía galega, un devalo imparable?" (162, 2004), "Espazos da cultura" (168, 2005). Nestes días distribuíuse o último número (177, 2008), onde coordinou a sección "Desafíos da educación".


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

Redes sociais e conxuntos de acción
mercar
Redes sociais e conxuntos de acción
Análise do movemento asociativo veciñal vigués.12,95€
familia e comunidade
mercar
Familia e comunidade
o10,50€

Recensións


Noticias relacionadas

Homenaxe a Xan Bouzada2009-09-14 14:39:56

Actividades relacionadas

Homenaxe a Xan Bouzada2009-06-18 18:00:00

Novidades

grial-229Grial 229 VV.AA.
9788491516101A fuga de GuillermoHelena Villar Janeiro

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR