W. G. Sebald Winfred Georg Maximilian Sebald (1944, Wertach im Allgäu, Baviera, Alemania – 2001, Norfolk, Reino Unido), escritor alemán nacido nun pequeno pobo de Baviera, onde pasou a infancia durante a dura posguerra alemana. Tras unha corta estadía en Suiza, aos 21 anos instalouse definitivamente en para dar clases na Universidade de East Anglia onde, desde 1987, ocupou a cátedra de literatura europea. Foi fundador do prestixioso British Centre for Literary Translation, do que foi director ata 1994. Escritor tardío, a súa primeira novela Vertixe (1990), foi publicada cando tiña 46 anos, fixou as formas e os territorios dunha narrativa que en só dez anos e outros tres libros, Os emigrados (1996), Os aneis de Saturno (2000) e Austerlitz (2002), convertírono en autor de culto. A súa literatura transxenérica, riquísima e complexa mestura de ensaio, novela, libro de viaxes e poesía sitúano no cumio dos escritores universais. Max Sebald, como lle chamaban os seus amigos, faleceu vítima dun accidente automobilístico, o 16 de decembro do 2001.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Camposanto
Publicado postumamente, Camposanto devólvenos a inconfundible voz do autor de Austerlitz.20,60€
 

Recensións


Noticias relacionadas

Outono de traducións2008-11-11 09:44:40

Actividades relacionadas


Novidades

Grial 234 VV.AA.
Os dez animaisAntón Cortizas
Lagarta, lagarta!Elvira Ribeiro Tobío

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR