Vicente Araguas (Xuvia-Neda, 1950) é doutor en Filoloxía Inglesa, con tese sobre Bob Dylan e o seu mundo poético, o que dalgunha maneira nos leva aos seus antecedentes como cantautor que se remontan a Voces Ceibes, na Compostela de 1968, do que partiu o libro Voces Ceibes (1991), un volume que se pode ler en clave de ensaio mais tamén de narrativa autoficcional. Poeta, narrador, ensaísta e crítico literario, publicou en galego as novelas Agora xa foi (2000) A canción do verán (2002) e Través do trebón (2020), e o libro de relatos, Xuvia-Neda (2010). Logo dun longo percorrido como ensinante, encetado en Escocia, onde escribira o seu primeiro libro de poemas Paisaxe de Glasgow (1978). Entre os seus premios destacan o Reimóndez Portela de xornalismo e o Patrimonio musical de Galicia.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
O lugar onde vou
Ten O lugar onde vou, libro de relatos de Vicente Araguas, a peculiaridade de presentar variantes sobre unha realidade posible e outra máis que improbable.16,70€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

A retranca. Un intento de clarificaciónFélix Caballero Wangüemert
Dos meus recordosManuel García Barros
EnredosManuel García Barros

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR