ursula heinze

Úrsula Heinze Naceu no ano 1941 en Colonia (Alemaña), cidade na que se licenciou en Filoloxía Xermánica. No seu país natal exerceu como catedrática de inglés e alemán no ensino medio, ao tempo que publicaba relatos en diversos xornais. En 1968 trasladouse a Galicia e comenzou a escribir en galego, lingua na que posúe xa unha ampla obra na que destacan os libros O soño perdido de Elvira M. (1982), Remuíños en coiro (1984), Arredor da muller en 18 mundos (1985), Anaiansi (1989), Mulleres (1991) e Confidencias (1992). A literatura para nenos e rapaces ten en Úrsula Heinze unha asidua cultivadora, como proban os títulos O buzón dos nenos (1985), Sempre Cristina (1986), A casa abandonada (1987) -Premio Merlín-, Xente coma min (1989) e a Nena de ouro (1991), Nace un campión (1992) e Quérote (1994).


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

campion
mercar
Nace un campión
Andi non sabe nadar. Todos os seus colegas da clase se burlan del, porque pola súa culpa van perder unha estupenda viaxe a Tenerife. Pero Andi non lle ten que facer. Sente verdadeiro medo á auga. E se afoga...?10,60€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491517160O cemiterio de barcosFrancisco Castro
9788491517184Aura 1964Ignacio Vilar
9788491517122Viches iso?José Arcas
grial-230Grial 230 VV.AA.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR