Xosé Tobío Mayo (Esteiro, Muros, 1891-1971) realizou estudos no Seminario de Santiago de Compostela, militou no republicanismo e exerceu o oficio de mestre no seu lugar natal, de onde tivo que fuxir en 1936 por mar a Bilbao. Logo veu o exilio iberoamericano, tras o paso por Francia, e o retorno á Galicia gobernada polo franquismo, onde exercerá de novo o maxisterio.
A produción escrita de Tobío Mayo inclúe Espiñas (Buenos Aires, 1941) e moitas colaboracións xornalísticas, en Arxentina e en Galicia. A novela O frade das dúas almas estaba preparada para a súa publicación na editorial Nós cando estourou a guerra, polo que quedou inédita. En 2009 este texto se publica por vez primeira na colección Letras Galegas de Galaxia.