Teresa Moure Teresa Moure é doutora en Lingüística xeral e exerce a docencia nas facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. É presidenta do consello de administracion de 'Sermos Galiza'. Na súa especialidade ten publicados máis dunha ducia de traballos onde salienta a responsabilidade ética do investigador, o terror ao colonialismo e á homoxeneización cultural dentro dunha decidida vocación antiglobalización. É autora de libros como La alternativo no-discreta en lingüística (1996), Universales del lenguaje y linguo-diversidad (2001) ou La lingüística en el conjunto del conocimiento: una mirada crítica.

Obtivo o Premio Lueiro Rey de novela curta no ano 2004 con A xeira das árbores. Tamén no 2004 gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio con Outro idioma é posible; no 2005 foi Premio Xerais de novela con Herba Moura e publica con Galaxia outro ensaio: As palabras das fillas de Eva. En 2011 obtivo de novo o Premio Ramón Piñeiro co ensaio Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións.

En marzo de 2006 é premiada como Mellor Autora do ano nos premios da "Irmandade do Libro" que concede a Federación de Libreiros de Galicia.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Queer-emos un mundo novo
Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións14,15€

mercar
Outro idioma é posible
Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2004

O subtítulo do libro, "Na procura dunha lingua para a humanidade", xa anuncia o obxectivo deste ensaio: a proposta dunha lingua artificial que favoreza os intercambios culturais sen perxudicar a lingua propia de cada comunidade e sen minguar o respecto por todas as culturas do mundo.
15,75€

mercar
Eu tamén son fonte
Fermoso álbum ilustrado polo pintor Leandro Lamas, con texto de Teresa Moure.15,75€

mercar
A palabra das fillas de Eva
Liberar a palabra. Un texto no que se pretende desenmascar as forzas sociais, que como a escola e os seus modelos de corrección ortográfica, nos condicionan. Un contra-ensaio que demanda atención para os movementos de pensamento libertario, coma o feminismo, tantas veces reducidos a tópicos.14,15€

mercar
Mamá, ti si que me entendes!
Un novo libro sobre o aleitamento materno de Teresa Moure, fermosamente ilustrado por Leandro Lamas.16,50€
 

Recensións


Noticias relacionadas

Yo tamién soi fonte2010-02-04 13:12:02
Entrevista con Teresa Moure2012-04-27 09:12:07
Queer-emos un mundo novo2012-08-07 12:42:49
Galaxia no Festigal2012-11-05 15:04:25

Actividades relacionadas

Teresa Moure no Festigal2012-07-25 17:40:00

Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR