Antonio Tabucchi (Pisa, Italia, 1943- Lisboa, 2012) é un dos máis prestixiosos escritores desta fin de século. A súa devoción por Portugal levouno a dirixir o Instituto Italiano en Lisboa, a impartir clases de literatura portuguesa na Universidade de Xénova e a traducir ao italiano a obra de poetas brasileiros e portugueses, entre eles Fernando Pessoa. Os seus libros máis coñecidos son O xogo do revés (1981), Dona de Porto Pim (1983), Pequenos equívocos sen importancia (1985), A liña do horizonte (1986), O anxo negro (1991), Requiem (1992), e A cabeza perdida de Damasceno Monteiro (1997). En 1994 publicou Afirma Pereira, novela ambientada no Portugal salzarista que foi levada ao cine con gran éxito. En 2004 Galaxia publicou a súa novela Tristano morre.