Sebastián Martínez-Risco Nado en Ourense o 19 de xaneiro de 1899 e finado na Coruña o 24 de setembro de 1977, foi un xuíz e escritor galego. Realizou os estudos secundarios en Ourense. Trasladouse a Santiago de Compostela onde iniciou a carreira de Dereito, que continuou na Universidade de Zaragoza e concluíu en Madrid. En 1924 gañou a oposición de maxistrado, converténdose en xuíz de instrución do Barco de Valdeorras entre 1932 e 1933 e posteriormente de Vilalba. Fundou e dirixiu o Ateneo de Lugo. En 1944 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega, ingresando en 1953 co discurso "O sentimento da Xustiza na literatura galega". En 1955 participou na fundación da Agrupación Folklórica Aturuxo. Foi o sexto presidente da Academia, posto que exerceu na clandestinidade entre os anos 1960 - 1977. Durante a súa presidencia celebrouse por primeira vez o Día das Letras Galegas.[1] Formou parte do Consello de Dirección da Revista de Economía de Galicia e do Consello de Administración da Editorial Galaxia. É o avó da actriz Isabel Risco.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976
Velaquí a correspondencia entre dúas figuras chave da cultura galega25,75€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

Xácome o fatalistaDenis Diderot
O can e o gatoManuel Pombo Arias
DemeraraWagner G. Barreira

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR