Bernhard Schlink (Bielefeld, 1944) é avogado e un dos actuais escritores alemáns de maior prestixio.
A súa carreira como escritor comezou con novelas policiais protagonizadas por un personaxe chamado Selbs (xogo de palabras con Eu Mesmo); a súa primeira novela titulouse Auto-castigo; a seguinte, O nó gordiano, gañou o premio Glauser en 1989. En 1995 publicou O lector (Der Vorleser), novela parcialmente autobiográfica. O libro converteuse nun bestseller en Alemania e foi traducido a 39 idiomas. Os seus seguintes títulos, Amores en fuga e O retorno, confirmaron o seu talento.