Sara Valcárcel Natural da Estrada, Sara Valcárcel (1994) é unha creativa multidisciplinar que compaxina o seu traballo como responsable de Comunicación na Editorial Galaxia coas súas paixóns artísticas, entre as que destaca o seu proxecto Noaltodopoleiro. O seu universo comprende a ilustración, o deseño e a fotografía. A súa vocación polas artes visuais levouna a traballar nelas e adaptalas ao mundo real, creando o seu propio estilo. Estudou Comunicación Audiovisual en Santiago de Compostela e está especializada en Dirección de Arte Publicitaria. Tivo a oportunidade de formarse en cidades coma Bos Aires ou Berlín, ambas as dúas grandes experiencias que ampliaron a súa visión do mundo e ensináronlle a mirar desde prismas completamente diferentes, os cales aplica á hora de traballar. No ámbito editorial, ilustrou “O ladrón de paraugas”, de Xosé Lueiro (Editorial Galaxia, 2021),  “Call me Sinbad”, de Francisco Castro (Small Stations, 2020), e a cuberta de “Un intre antes do solpor”, IV Premio Varela Buxán, de Ana Carreira (Fundación Cultural da Estrada, 2015).


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
O ladrón de paraugas
ESGOTADO0,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

A retranca. Un intento de clarificaciónFélix Caballero Wangüemert
Dos meus recordosManuel García Barros
EnredosManuel García Barros

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR