Rosalía Fernández Rial (Costa da Morte, 1988) é filóloga, doutora en didáctica das linguas e da expresión dramática pola USC e performer. Mais, sobre todo, e desde moi nova, dedícase á escrita. Como poeta publicou os libros. En clave de sol (2009), Átonos (2011), Un mar de sensacións (2012), Vinte en escena (2012, 2014), Ningún amante sabe conducir (2014), Contra-acción (2016) e a antoloxía bilingüe Sacar a bailar. Poesía reunida (2009-2016). No ámbito do ensaio, destaca o seu traballo Aulas sen paredes, un libro-DVD sobre unha metodoloxía innovadora no ámbito da didáctica das linguas que recibiu o Premio á mellor iniciativa bibliográfica da II Gala do Libro Galego en 2017. Actualmente imparte aulas de lingua e literatura en Cabana de Bergantiños, forma parte da directiva da AELG, do consello de redacción da Revista Galega de Educación e de diferentes proxectos artísticos de carácter interdisciplinar.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Árbores no deserto
A reflexión poema que pertence a esta obra recibe o "Premio Poesía aRi[t]mar Galiza e Portugal"15,75€

mercar
Bonus Track
Ás veces precísase dar todo por perdido para que algo inesperado te sorprenda.16,70€

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

Grial 234 VV.AA.
Os dez animaisAntón Cortizas
Lagarta, lagarta!Elvira Ribeiro Tobío

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR