Marie-Sabine Roger (Bordeos, 1957) durante moitos anos traballo no ensino, en educación infantil, mais un día o aguillón da literatura prendeu moi forte nela e hoxe está entregada por completo á escrita. Froito desa paixón e desa dedicación son máis de medio cento de libros, tanto para pequechos como para mozos ou adultos.