Rogelio Groba Rogelio Groba Groba (Guláns, Ponteareas, 1930). Estudou no Real Conservatorio de Música de Madrid. En 1962 trasladouse a Suíza, onde residiu sete anos. De volta en España foi nomeado director da Banda-Orquestra Municipal da Coruña, cargo que exerceu durante vinte e tres años. Foi fundador da Orquestra do Conservatorio Superior de Música da Coruña e da Orquestra de Cámara Municipal. Tamén foi director e profesor do conservatorio coruñés durante vinte anos.

Dende 1990 dedicouse só á creatividade musical, campo en que foi recoñecido co Premio Internacional Dante Luini (1973), Premio da Crítica Galega (1979), Premio Xunta de Galicia da Cultura (1992), Medalla Castelao (1995), Premio Internacional Auditorio de Galicia (2004), e co nomeamento de Fillo Predilecto de Ponteareas. É membro da Real Academia Galega de Belas Artes, da Real Academia de San Fernando, de Madrid, e do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. Recibiu o Premio da Cultura Galega 2011 na categoría de Música.

Dende 2002 preside a Fundación Rogelio Groba. Como compositor supera os 560 títulos no seu catálogo, no que podemos atopar obras de todos os xéneros e estilos, dende óperas a sinfonías, concertos, cantatas, suites, un réquiem, abundante música sinfónica, de cámara, pianística, coral, para banda, e un longo etcétera.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Diabolus in musica. Conversas con Rogelio Groba
A verba directa e contundente do mestre Groba a carón dunha escolma da súa música nun CD24,95€

mercar
Once baladas galegas. Versións sinxelas para piano
Velaquí unha colección de once baladas clásicas da música galega, preparadas polo mestre Rogelio Groba.16,75€

Recensións


Noticias relacionadas

Conversas con Rogelio Groba2012-03-27 10:30:42

Actividades relacionadas


Novidades

A retranca. Un intento de clarificaciónFélix Caballero Wangüemert
Dos meus recordosManuel García Barros
EnredosManuel García Barros

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR