(Moaña, 1982) Forma parte da compañía Talía Teatro na que, da man de directores como Artur Trillo, Cándido Pazó e Roberto Salgueiro participou en pezas como 'O merlo branco', 'E ti, quen ves sendo?' e 'Volpone'.
A compañía propúxolle sacar adiante unha montaxe infantil, quedando ao seu cargo a dirección e a elaboración do texto. Desta encarga xorde Carta urxente para Máximo Toxo.