Paul Jennings Paul Jennings (Inglaterra, 1943) aos seis anos colleu o barco -era un deses de vapor- e marchou coa súa familia a Australia, onde vive na actualidade. Se ben di que a súa infancia foi feliz (as vacacións, as lambetadas que facía a nai...), lémbrase perfectamente das cousas desagradables: a idea dos monstros que se cadra se agochaban na sombra e a sensación de ser pequeno e indefenso. É nestes sentimentos da súa nenez nos que furga para atopar o material das súas historias. Despois de traballar como mestre e, máis adiante, de profesor de lingua e literatura na educación de adultos, en 1989 decidiu dedicarse plenamente ao oficio de escribir. Porque lle gusta e lle encanta argallar historias graciosas e estrañas e dar renda solta á súa imaxinación. De feito, dá no miolo e os rapaces que leron os seus libros divertidos -moitos deles premiados- xa veñen conformando un público de centos de miles de afeccionados, distribuídos por todo o planeta.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
¡Vaiche boa!
Unha barra de labios que volve tolas as rapazas. Uns calzóns que proporcionan calidades prodixiosas a quen os pon. O esterco dun xardiñeiro afeccionado que produce unha praga de moscas. Unha cola milagrosa que, despois de catro horas, deixa de funcionar. Un esqulete no retrete e osos que camiñan pola praia... Vaiche boa!

Historias alucinantes que hai que gozar e ler con cautela porque... coidado!, crean adicción á lectura.
12,50€

mercar
Que desfeita!
Unha receita literaria non apta para alérxicos á risa13,50€

Recensións


Noticias relacionadas

Árbores por tres2010-12-14 09:40:11
Árbores x 32011-05-04 14:04:15

Actividades relacionadas


Novidades

A herdadeCésar Souto Vilanova
EternityXosé Monteagudo
Pazo de invernoAlberto Lema

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR