Paul Auster Paul Auster (Nova Jersey, 1947) é un dos máis prestixiosos escritores norteamericanos actuais. Autor de novelas, ensaios, poesía, guións e películas de cine, a súa obra é lida en todo o mundo. Entre as súas novelas máis coñecidas pódense citar a Triloxía de Nova York (1985-86), Moon Palace (1989), Leviathan (1992), Mr Vertigo (1994), The Book of Ilusions (2002), Brooklyn Follies (2006), Viaxes no scriptorium (2007), o guión da película A vida interior de Martin Frost (2007), Un home na escuridade (2008), Invisible (2009) e Sunset Park (2010), estes seis últimos títulos publicados en galego por Galaxia, que desde 2006 edita a obra de Auster en Galicia. En 2006 foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias das Letras.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Diario de inverno
Anticipándose á súa publicación en inglés, Editorial Galaxia pon nas mans dos lectores e lectoras galegos o novo libro de Paul Auster. Unha novela na que o escritor relexiona sobre a súa vida a través do relato dos momentos que deixaron pegada na súa imaxinación.19,75€

mercar
A vida interior de Martin Frost
Un escritor norteamericano chamado Martin Frost acaba de rematar a súa última novela; para descansar marcha de Nova York. No alborexar do primeiro día no campo, descobre abraiado que unha misteriosa muller está deitada ao seu carón.
Fascinado pola súa beleza e intelixencia, Martin namórase dela.
14,60€

mercar
Sunset Park
A nova novela de Paul Auster é un libro sobre a inocencia da mocidade e a vibración da vida20,60€

mercar
Invisible
A nova novela de Paul Auster. Unha viaxe polas escuras estremeiras que separan verdade e memoria.19,90€

mercar
Brooklyn Follies
O autor da Triloxía de Nova York, galardoado en 2006 co Premio Príncipe de Asturias das Letras, sorprende outra volta cunha novela na que conxuga brillantez, humor e axilidade narrativa.20,75€

mercar
Viaxes no scriptorium
Publícase simultaneamente en varias linguas europeas, entre elas o galego, a nova novela de Paul Auster. En Viaxes no scriptorium, o autor galardoado co Premio Príncipe de Asturias das Letras 2006 dá unha nova volta de rosca a súa recoñecida e esixente obra literaria e sitúa aos lectores nun ámbito no que imaxinación, linguaxe e ficción constitúen os eixes dun personaxe sen lembranzas.17,50€

mercar
Un home na escuridade
A nova novela de Paul Auster enfróntase ás pantasmas da sociedade contemporánea cunha trama que conxuga a historia de August Brill, un crítico literario retirado que padece insomnio, coa duns Estados Unidos sumidos nunha nova guerra civil.18,86€
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR