Juan José Moralejo Álvarez (Compostela 1941-2012) era avogado e doutor en Filoloxía Clásica. Exerceu como catedrático de Filoloxía Grega na Universidade de Santiago de Compostela.
Colaborador habitual do xornal La Voz de Galicia desde 1971, obtivo o Premio Fernández Latorre de xornalismo en 1997. Ademáis de traballos de Lingüística e Literatura Gregas, publicou outros sobre a antiga Gallaecia e toponimia e hidronimia galega. Tamén é autor de A lingua galega hoxe (1974), A lingua galega e os seus problemas (1981), Bestiario Helénico (1991), e a tradución galega da Política de Aristóteles (2004).