Miguel Suárez Abel Miguel Suárez Abel (San Estevo do Campo, Arzúa, 1952). Licenciado en Psicoloxía, exerce como profesor de Ensino Secundario no Insituto Luís Seoane de Pontevedra. Colaborador de radio e prensa (na actualidade en El Correo Gallego, Diario de Pontevedra e El Progreso), deuse a coñecer como escritor a principios dos anos oitenta cando o premiaron no concurso Modesto R. Figueiredo por tres relatos curtos: O fillo do Serafín (Accésit no 1981), O Quiquiriquí (primeiro premio no 1982) e A alemana (finalista no 1986). Gañar o Premio Blanco Amor coa novela Turbo (1988) resultou un paso significativo na súa evolución. Posteriormente publicou Álvaro Pino (1989), Sabor a ti (finalista do Premio Xerais en 1991), Selva Negra (1993) e participou con relatos en libros colectivos como Contos do Castromil (1992), Unha liña no ceo (1996), Novo do trinque (1997), Contos dende a arquitectura (Colexio de Arquitectos de Pontevedra, 2003). No ano 2001 recibe o Premio Nacional de Periodismo Julio Camba. No 2002 gana o Premio de Novela por entregas de La Voz de Galicia por O repenique de Beatriz Goldar (Ir indo, 2003). E no ano 2007 recibe o Premio Periodístico Puro Cora.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Nunca te vin chorar
O destino novelesco e misterioso dunha vida marcada pola busca desesperada do perdón17,60€
 

Recensións


Noticias relacionadas

NUNCA TE VIN CHORAR2011-06-28 10:51:44
Lecturas para un verán2010-11-04 13:01:46

Actividades relacionadas


Novidades

Grial 234 VV.AA.
Os dez animaisAntón Cortizas
Lagarta, lagarta!Elvira Ribeiro Tobío

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR