![]() Miguel Anxo Murado Nado en Lugo en 1965, é escritor, guionista de cinema e televisión. A súa aparición no mundo literario tivo lugar con Metamorfosis benezianas (1983), novela en castelán coa que gañou ós 17 anos o Premio Café Gijón. En galego é autor dunha variada obra que inclúe narrativa (Memoria de derribos, Mércores de cinza), poesía (Lapidario dos heterodoxos, Bestiario dos descontentos) e teatro (A grande noite de Fiz, Historias peregrinas). En 1991 e 1994 viaxou á exIugoslavia como enviado especial, experiencia da que naceu Ruído. Relatos de guerra. En 2001 publicou o ensaio Caderno de Xapón. En paralelo co seu traballo literario, Murado desenvolveu durante anos un labor de guionista, polo que obtivo en tres ocasións o Premio Carlos Velo para guionistas da Xunta de Galicia. Seus son os guións de películas do cinema español como La Ley de la Frontera ou Finisterre. En televisión, escribiu e realizou unha ducia de documentais sobre Xeografía, Literatura e Política, e colaborou en varias series. Murado desenvolveu unha actividade intermitente no campo do xornalismo. É columnista habitual en diversos medios. Residiu varios anos en Oriente Medio, onde traballou sucesivamente para as Nacións Unidas, o Goberno da Autoridade Palestina e como correspondente de prensa. Premio Pedrón de Honra 2015 e Fernández Latorre 2016. OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A
|
RecensiónsConferencia de Miguel Anxo Murado na Coruña2010-04-28 20:00:00 Presentación de "O soño da febre", de Miguel Anxo Murado2007-05-10 19:00:00 Presentación de "O soño da febre", de Miguel Anxo Murado2007-07-11 20:00:00 Presentación de "Fin de século en Palestina", de Miguel Anxo Murado2008-04-09 20:00:00 Presentación de "Fin de século en Palestina", de Miguel Anxo Murado2008-04-09 20:00:00 Presentación de "Fin de século en Palestina" en Lugo2008-04-10 20:00:00 Conversa arredor do libro "Fin de século en Palestina"2008-11-20 21:00:00 Sinatura de Miguel Anxo Murado na Feira do Libro de Madrid2011-05-28 13:00:00 Conferencia de Miguel-Anxo Murado en Barcelona2012-11-26 13:00:00
Noticias relacionadasMurado presentou "O soño da febre"2008-01-15 10:25:45 Murado descóbrenos Palestina2008-11-11 09:46:30 Dobrete para Miguel Anxo Murado2008-11-11 09:46:30 Premios da Crítica para Murado e Borrazás2008-11-11 09:46:30 "Fin de século en Palestina" libro do ano2009-03-13 09:48:14 Un libro necesario2009-03-13 09:47:55 Traducidos ao castelán, ao alemán... Literatura sen fronteiras.2009-07-17 09:32:27 Murado, Navaza e López Silva, os mellores do 20082009-07-17 09:31:33 Premios para Murado, Forcadela e Barros2011-06-28 10:52:17 Nova edicion dos Encontros de Verines2013-10-15 09:21:42 Chega ás librerías o novo libro de Miguel Anxo Murado2014-04-22 19:48:43 Presentación de ESCRITO EN CAFETERÍAS en Betanzos2014-08-06 09:21:07 Miguel Anxo Murado en Betanzos2014-08-06 09:21:07 Presentacións na Feira do Libro da Coruña2014-08-06 09:21:07 O RUÍDO de Miguel Anxo Murado volve ás librerías2015-02-04 00:33:14 Miguel Anxo Murado, Pedrón de Honra 20152015-04-24 14:05:26 Miguel Anxo Murado recibe o Premio da Fundación Pedrón de Ouro2015-06-02 08:54:59 De novo o RUÍDO da guerra2016-05-31 08:37:03 Chega o LIBRO DE HORAS2016-06-21 08:34:27 Miguel-Anxo Murado, galardoado co premio Fernández Latorre2016-07-28 08:41:10
Actividades relacionadasConferencia de Miguel Anxo Murado na Coruña2010-04-28 20:00:00 Presentación de "O soño da febre", de Miguel Anxo Murado2007-05-10 19:00:00 Presentación de "O soño da febre", de Miguel Anxo Murado2007-07-11 20:00:00 Presentación de "Fin de século en Palestina", de Miguel Anxo Murado2008-04-09 20:00:00 Presentación de "Fin de século en Palestina", de Miguel Anxo Murado2008-04-09 20:00:00 Presentación de "Fin de século en Palestina" en Lugo2008-04-10 20:00:00 Conversa arredor do libro "Fin de século en Palestina"2008-11-20 21:00:00 Sinatura de Miguel Anxo Murado na Feira do Libro de Madrid2011-05-28 13:00:00 Conferencia de Miguel-Anxo Murado en Barcelona2012-11-26 13:00:00
Novidades
|
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies
ACEPTAR