Martín Codax De Martín Codax, tal vez o xograr galego-portugués de maior sona, parece indiscutible a súa orixe galega, concretamente do sur do país, polas numerosas referencias a Vigo que aparecen nas súas cantigas.

Non se ten información, non obstante, sobre a súa condición, nobre ou humilde, mais non se dubida da súa esmerada educación en ambientes cultos, relacionados ben coa aristocracia ben co clero.

O corpus literario atribuído a Martín Codax consta de sete cantigas de amigo (probablemente compostas a mediados do século XIII, durante o reinado de Fernando III O Santo) que aparecen recollidas nos cancioneiros e no Pergamiño Vindel. Das cantigas de Codax compiladas no Pergamiño, datado a mediados do século XIII ou comezos do XIV, consérvase a música.

A Martín Codax, Mendinho e Johán de Cangas adicouse o Día das Letras Galegas de 1998.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Martín Codax. Cantigas (Edición revisada e ampliada)
Edición de Henrique Monteagudo24,50€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

Amiga lúa, amigo marClaudia Castro
O cabaliño de buxoXosé Neira Vilas
De rosa antigaHelena Villar Janeiro
DioramaJosé Carou

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR