María Teresa Andruetto María Teresa Andruetto (Arroyo Cabral, Arxentina, 1954) posúe unha das carreiras literarias máis sólidas do seu país que abranque todos os xéneros literarios (narrativa, poesía, teatro e ensaio). A súa obra foi recoñecida con numerosos galardóns, como o Premio Novela do Fondo Nacional de las Artes, o Premio Internacional de Conto Tierra Ignota, unha mención na Lista de Honra de IBBY e varias mencións na lista de White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de Múnic, na lista "Los mejores" do Banco del Libro de Venezuela e na lista "Destacados" da Asociación de Literatura Infantil y Juvenil Argentina (ALIJA), sección arxentina do IBBY. En 2012 recibiu o Premio Hans Christian Andersen, considerado o Nóbel infantil e xuvenil.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Stefano
ESGOTADO0,00€
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR