Marcos Valcárcel (Ourense, 1958-2010), historiador, xornalista e activista cultural, foi un dos fundadores do Club Cultural Alexandre Bóveda de Ourense. Nos seus traballos dedicouse á historia do xornalismo e ás biografías de Ferro Couselo, Xaquín Lorenzo e Carlos Casares, entre outros. Creou o blog cultural e de actualidade As uvas na solaina, que obtivo moita sona e éxito de público. Recibiu numerosos galardóns, entre eles a Medalla Castelao en 2009. Das súas obras destacan: A prensa en Ourense e a súa provincia. Catalogación e estudio (1987), A cidade da xeración Nós (1996), Carlos Casares, punto de encontro (2002), O poder da palabra (2006) e Historia de Ourense (2008).


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Ramón Otero Pedrayo. Vida, obra e pensamento
Esta biografía pretende ofrecer unha visión global da súa figura na procura dunha perspectiva integradora dos aspectos literarios, ideolóxicos e políticos que envolven o patriarca das letras galegas, todos eles entrelazados, e que non se poden entender uns sen os outros.24,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

A retranca. Un intento de clarificaciónFélix Caballero Wangüemert
Dos meus recordosManuel García Barros
EnredosManuel García Barros

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR