Mamet , David

David Mamet
Mamet , David

(Chicago, 1947) é un escritor norteamericano que cultivou xéneros diferentes, desde a poesía ao ensaio, salientando neste último como un polemista notable, tanto en relación coa profesión de escritor coma en calidade de analista acedo e irónico da cultura americana. Guionista para cine e televisión, adaptador de pezas dramáticas e director de cine, vai ser na creación dramática onde logre éxitos notables, premios e un maior recoñecemento, con títulos coma Lakeboat, Sexual Perversity in Chicago, American Buffalo, A Life in the Theatre, Glengarry Glen Ross e Oleanna, unha das pezas máis sobranceiras da década de 1990 pola polémica que provocou a súa estrea en Londres e en Broadway.

As súas obras

Oleanna
Oleanna
16.40€ CON IVE