Profesor de Filosofía na Universidade de Vigo. Especializouse no Idealismo alemán e Heidegger e está vencellado á Comisión Schelling de Múnic. Ademais de numerosas edicións en castelán de filósofos alemáns e de diversos artigos, destacan a súa obra Schelling y el origen del Idealismo alemán, o seu libro Ensaios sobre Heidegger e a introducción a Identidad e diferencia. En 1994 coordinou, xunto con Helena Cortés, un número de Grial sobre O pensamento mítico.