Kristina Dunker Kristina Dunker naceu en 1973 na cidade alemá de Dortmund. Empezou a escribir desde moi nova, publicou a súa primeira novela aos 19 anos e recibiu diferentes premios dedicados a autores noveis. Ademais da literatura dedicouse á carreira de Historia da arte e Ciencias escénicas, que realizou nas universidades de Bochum e Pisa. Kristina Dunker soubo aproveitar a súa proximidade ás preocupacións e afeccións da mocidade e deulle un novo pulo ao tratamento do amor adolescente dentro da literatura xuvenil do ámbito alemán-parlante. Deixando a un lado todo tipo de tabús, nas súas novelas logrou falar de asuntos que os adultos denominarían "problemáticas" dunha maneira natural e moderna, desprovista de valoracións forzadas e chea de vitalidade. Normal, diferente é o primeiro libro de Kristina Dunker que se publica nunha lingua peninsular.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Normal, diferente
Unha historia de amor fresca e nada convencional.0,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR