Juan Casto Rivadulla Fernández Nacín na Pobra do Caramiñal hai xa medio século. Na Universidade de Santiago de Compostela estudei a carreira de Bioloxía e tamén me fixen Doutor en Neurociencia. Agora son profesor titular de Fisioloxía na Universidade da Coruña. Pero antes traballei como investigador na Rockefeller University de New York e no Instituto Tecnolóxico de Massachusets (MIT). Non sei se lembrades que neste último é onde estudaron o Dr. Octopus, Mr. Fantástico, Tony Stark (Iron Man) e unha morea doutros superheroes que coñecemos da banda deseñada e o cine. O que vos podo dicir é que alí aprendín moito pero nunca me topei con ningún deses personaxes polos corredores. Magoadamente, tampouco desenvolvín ningún superpoder, e non me viría nada mal. Levo case 30 anos estudando como funcionan as neuronas e segue fascinándome escoitalas falar entre si. Son un namorado da ciencia e teño a sorte de dedicarme a ela. Por iso, ademais do traballo de laboratorio e o ensino, tento compartir coas persoas que non son profesionais da ciencia toda a emoción que sinto estudando e investigando. Fago divulgación a través de programas moi diferentes que inclúen desde charlas, sobre ciencia claro, nos bares, na rúa ou nos colexios, ata colaboracións con actrices e actores para montar espectáculos científico-teatrais. Por certo, a foto que vedes á esquerda fixéronma mentres impartía unha desas charlas das que vos falo. Polas miñas actividades de divulgación déronme o Segundo Premio no IV Certamen Teresa Pinillos de Divulgación Científica y Humanística (2008) e o Primeiro Premio na 1ª edición do Carnaval de Neurociencia da Revista Investigación y Ciencia (Casto Rivadulla e Juan Aguilar, 2014).


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro
“Lista de Honra OEPLI 2020” "Premio Gala do Libro ao mellor libro de Divulgación Científica 2020" "Gañador da V Gala do Libro Galego Virtual 2020"20,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

Carliños, capitán!Xoán Babarro González
Unha cervexa ChangManuel Portas
O meu sangueDiego Giráldez
MaasaiAlberto Avendaño

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR