José Carou (Rianxo, 1969) é profesor de Filosofía no IES Espiñeira de Boiro. Publicou as novelas Desvelando a Ademar Escambia (Premio Antón Avilés de Taramancos, 2019) e O Bebedizo de Lúa (premiada no Lueiro Rey, 1997). Tamén é autor do poemario Hemisferio auga (2021) e do inclasificable Relatos da incorrección (2021). Escribiu crítica de cine para Sermos Galiza, Diario de Arousa e Cinemadicción, ademais de colaboracións ocasionais para o suplemento cultural Barbantia (La Voz de Galicia). Recibiu, entre outros galardóns, o Francisco Fernández del Riego (1996), o Faustino Rey Romero (1999), o Viadutos (2000) e o Premio de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo por Afán e infortunio dos días estragados (2018).


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Diorama
Ilustracións de Laíño16,50€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

Amiga lúa, amigo marClaudia Castro
O cabaliño de buxoXosé Neira Vilas
De rosa antigaHelena Villar Janeiro
DioramaJosé Carou

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR