jose-arcas

José Arcas Dende neno tiven moita curiosidade polo mundo natural. Pintei sempre, dende neno, animais. Estudei Ciencias Biolóxicas e doutoreime na Universidade de Vigo cun traballo sobre as andanzas no intermareal dunha ave cun nome  moi simpático, o bilurico bailón (Actitis hypoleucos). Seguín debuxando á par que ía por media España traballando en diferentes proxectos de conservación de aves e os seus hábitats. Nos últimos vinte anos a pintura da natureza foi ocupando cada vez máis o meu tempo, ata agora, dedicándome de xeito profesional. Son moitas as exposicións colectivas e individuais feitas en Galicia e fóra, das que a máis salientable foi  a da Real Sociedade Británica do lapis de cor, en 2008. Na actualidade estou moi interesado pola pintura do rural galego nun movemento ao que chamo agrosketching. Levo publicados varios libros en formato de caderno de campo, destacando Alexandriuns, sobre a conservación da píllara das dunas e un caderno de campo sobre o parque nacional das Illas Cíes. Tamén son director artístico da revista on line El Ecoturista.    Entre as exposicións máis recentes destacan, en solitario: 2019 Feira da Arte e a Cultura de Galicia Culturgal; Stand Agencia Ecowildlife Travel. Feria Madbird, en Madrid (2018); Stand Agencia Ecowildlife Travel. Feria Madbird, Madrid (2017). E as colectivas: Pittori in Faggeta. Villavallelonga. P. N. Abruzzo, Lazio e Molise, Italia (2019); e, en 2018 Galería a+b. Tollo, Goián. Se precisas máis información podes obtela en: https://josearcas.com


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

9788491517122
mercar
Viches iso?
Un singular percorrido pola vida das aves invisibles20,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491517160O cemiterio de barcosFrancisco Castro
9788491517184Aura 1964Ignacio Vilar
9788491517122Viches iso?José Arcas
grial-230Grial 230 VV.AA.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR