Jorge J. Costas Hai xa 20 anos que cambiou a súa profesión de avogado polo cinema de animación. Desde aquela traballou en produtoras como Dygrafilms (O soño dunha noite de San Xoán, O espírito do bosque), IllionAnimation Studios (Planet 51, Mortadelo y Filemón contra Jimmy el Cachondo, El Parque Mágico) ou Bren Entertainment-Filmax (La gallina Turuleca). Tamén realizou varias curtametraxes (como Maruxiña, meu amor, con gran cantidade de nomeamentos en festivais nacionais e internacionais) nas que encárgase de practicamente todos os procesos: deseño, guión, dirección, modelaxe, texturizado, animación, posprodución, son etc Actualmente traballando nunha longametraxe de animación para Netflix e tamén dando vida en 3D ao Floreano de Gogue. O seu primeiro álbum infantil, O monstro e a nena, naceu como un xogo co seu fillo Sergio durante o confinamento polo coronavirus. O que lle apaixona a este home orquestra é contar historias… Biografía Sergio Costas Chaos O monstro e a nena é o seu primeiro álbum, pero é normal porque só ten 7 anos (5 cando se lle ocorreu a aventura). Cursa estudos no colexio San Martiño de Pontevedra e gústalle ler, debuxar, construír, imaxinar historias…


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
O monstro e a nena
Ilustracións de Jorge J. Costas15,20€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR