John Steinbeck John Steinbeck naceu en Salinas, California, en febreiro do ano 1902 e morreu en Nova York en decembro de 1968. Fixo estudos na universidade de Stanford, pero desde moi novo se viu obrigado a gañar o sustento co seu propio esforzo, o que lle deu unha grande experiencia e un fondo coñecemento da vida dos traballadores. En 1935 obtivo o seu primeiro éxito como escritor coa publicación da novela Tortilla Flat. Dous anos despois, Of mice and men, que analizaba as duras condicións dos xornaleiros das granxas de California, convertiuno nunha figura popular. A aparición de The grapes of wrath (1939) e East of Eden (1952) consagrárono definitivamente como un grande novelista. No ano 1962 foille otorgado o Premio Nobel de Literatura.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
A perla
Un clásico que mestura o lirismo característico de Steinbeck coa solidariedade polos desfavorecidos pola fortuna11,15€

mercar
De ratos e homes
Unha trama de malentendidos13,15€

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

Grial 234 VV.AA.
Os dez animaisAntón Cortizas
Lagarta, lagarta!Elvira Ribeiro Tobío

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR