OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A
|
RecensiónsNoticias relacionadasActividades relacionadasNovidades
|
![]() J. Soutomaior J. Soutomaior, é o nome de guerra máis célebre dos varios utilizados durante a súa vida por José Fernando Fernández Vázquez (A Pobra do Caramiñal, 1904-Caracas, 1986). Mariño profesional e identificado desde moi novo cos ideais revolucionarios, Soutomaior é o o defensor republicano da Ría de Arousa durante o levantamento de 1936. Controlada Galicia polo franquismo, resiste nos montes do Barbanza ata que logra fuxir á zona leal. Cando remata a Guerra Civil é detido pola Gestapo e internado no campo de exterminio de Auschwitz, do que sae coa derrota nazi pesando tan só 37 quilos. En 1948 se instala en Venezuela e, incansable na súa actividade revolucionaria, é un dos creadores do DRIL, efémero grupo de oposición que pasará á historia do antifranquismo polo secuestro do transatlántico Santa María. OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A
|
RecensiónsNoticias relacionadasActividades relacionadasNovidades
|
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies
ACEPTAR